Escoitar

O Concello recupera o Día da Muiñeira

A xornada celebrarase o 7 de maio cunha actuación ao longo da rúa Venezuela. O alcalde invita a participar a todos os grupos folclóricos, colexios, asociacións e organizacións que queiran facer muiñeira.

mércores, 8 feb 2023

Vigo recupera o Día da Muiñeira que se celebrará o 7 de maio ás 12 horas cunha actuación ao longo da rúa Venezuela. Previamente, haberá pasarrúas con todos os grupos participantes desde a praza do Rei hasta o seu punto respectivo de actuación.

O Concello investirá 30.000 euros para a celebración deste estilo de música tradicional “para que ocupe as rúas da cidade”, dixo o alcalde en rolda de prensa. Abel Caballero fixo un chamamento aos grupos folclóricos, colexios, asociacións e organizacións para que participen nesta festa.

Descargar todas as imaxes