Escoitar

O Concello convocará becas de inmersión lingüística en Francia e Alemaña no 2024

Súmanse ás de inglés, que achegan cada ano ao redor de 900 rapaces e rapaces a Reino Unido e Irlanda para mellorar as habilidades lingüísticas neste idioma. Tras unha xuntanza co profesorado de alemán e francés da cidade, o goberno local porá tamén en marcha as becas para achegar ao alumnado a Francia e Alemaña.

martes, 7 feb 2023

Abel Caballero anunciou que o goberno local porá en marcha as becas de inmersión lingüística en francés e alemán no ano 2024. Súmanse deste xeito ás de inglés, que cada ano achegan a 900 rapazas e rapaces a Reino Unido e Irlanda para aprender e perfeccionar o idioma.

O alcalde mantivo unha xuntanza cun grupo de profesores de francés e alemán, que solicitaron ao rexedor ter a mesma oportunidade para o seu alumnado de viaxar becados polo Concello ao estranxeiro. Caballero confirmou a proposta, aínda que pediu o respaldo do profesorado para contar polo menos con 40 ou 50 alumnos e alumnas para que estas becas saian adiante: “É o mínimo que esixe calquera empresa. Se se presentan só 15 ímolo pagar igual e non podemos desperdiciar ese diñeiro”, dixo en rolda de prensa.

Caballero lembrou que cada estudante poderá optar a unha beca e que todos os que teñan un notable no idioma téñena garantida.

Descargar todas as imaxes