Escoitar

A 12ª Edición de Retro Galicia celébrase o 11 e 12 de febreiro no IFEVI

O edil de Comercio, Ángel Rivas sinalou que “trátase dun evento para todos os públicos no que se poderá gozar de varias exposicións de coches e motos clásicas”.

mércores, 8 feb 2023

O Concello de Vigo albergou este mércores a presentación do XII Salón do Vehículo Clásico e de Época, a que acudiron José Enrique Elvira (xerente de Eventos do Motor), Ángel Rivas (edil de Comercio) e o xerente do IFEVI, Arsenio Prieto. Esta nova edición, que terá como eventos centrais especiais a homenaxe a unha parella de irmáns histórica para o automobilismo galego e español, Sergio e Diego Vallejo.

Os organizadores tamén destacan dentro da programación, a celebración dos 40 anos do Peugeot 205; os 110 anos de historia de Aston Martin ou o 75 aniversario dun dos modelos máis míticos de Porsche, o 356. Dende Eventos do Motor e o IFEVI, quixeron agradecer o papel que xoga o Concello de Vigo, dando apoio a feira de clásicos referencia no noroeste de España.

Descargar todas as imaxes