Escoitar

Ábrese a Bienal Eixo Atlántico-V Premio de pintura na Casa das Artes

A Concellería de Cultura colabora na organización da Bienal Eixo Atlántico-V Premio de pintura que se inaugura o venres 18 de xullo ás 20:00 na Casa das Artes.

xoves, 17 xul 2003
A mostra, comisariada por José Manuel Hidalgo, poderá visitarse do 18 de xullo ao 2 de agosto.

O Eixo Atlántico fixo unha aposta polo éxito da Bienal de pintura que pretende dar a coñecer as tendencias artísticas e os pintores máis representativos da arte nas súas comunidades.

O artista Pedro Solveira destacou que as exposicións do Eixo Atlántico son cada vez máis comprometidas cunha singularidade que radica en que tanto desde Galicia como desde o norte de Portugal xorde unha inquietude colectiva que coincide en formas e conductas demostradas por un acervo cultural paralelo.

A exposición, de carácter itinerante, chega a Vigo despois de percorrer as cidades que conforman o Eixo atlántico. Manuel Busto Magdalena, Francisco da Rocha Neto, María Puertas e Pedro Callejas son os premiados destacados, aínda que se expoñen obras de moitos máis artistas.

Máis información