A Xerencia de Urbanismo traslada ao luns a decisión sobre Finca do Conde
Constituiuse o novo Consello da Xerencia de Urbanismo que aprazou, para o luns 21 de xullo, a toma de decisións sobre a execución de sentencias do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do Pepri Finca do Conde. O alcalde reunirase previamente coas partes implicadas para tomar o acordo antes da súa prescrición.
Aprobouse o réxime de sesións do Consello da Xerencia con celebración ordinaria de periodicidade semanal, cada xoves, en horario de 9:30 en primeira e 10:00 en segunda convocatoria. O Consello está constituído por representantes das forzas políticas presentes na corporación, o seu presidente é o alcalde, Ventura Pérez Mariño; os vicepresidentes son Mauricio Ruiz Ceniceros (vicepresidente primeiro) e Xavier Toba (vicepresidente segundo) e o secretario, José Riesgo Boluda.
O alcalde propuxo para nomear o xerente de Urbanismo abrir unha convocatoria pública no BOP e BOE para un posto eventual destinado a titulados universitarios con retribución de 60.268 euros anuais e un rexime de incompatibilidades.
Fóra da orde do día aprobouse, por unanimidade, a posta a disposición de terreos para a creación dun centro cultural no Pedregal, en Valadares, por parte da Xunta de Galicia segundo un informe proposta de 2002.