The Pinga presenta a súa última montaxe "Urbe" no IV Verán de teatro
De novo un grupo galego, The Pinga, vai participar no IV Verán de teatro que organiza a concellería de Festas e Animación Sociocultural, coa presentación da súa última montaxe, a obra "Urbe".
A representación terá lugar, se o tempo o permite, na praza da Estrela, ás 23:00, e como xa é habitual, en caso de malas condicións meteorolóxicas optarase polo auditorio do Concello, na praza do Rei.
"The Pinga", inicialmente co nome KSILOCOS fundouse profesionalmente en 1997 coa montaxe "WANG", que se estreou en Maio do mesmo ano no Teatro da UNET (Universidad Experimental del Táchira) de Venezuela. Ten participado, entre outros, no Festival de Teatro Internacional de Occidente, en Guanare (Venezuela).
En 1999, o grupo trasládase a Vigo, onde monta e estrea "B de Breve". Agora, e abrindo unha nova temporada, preséntase con duas novas montaxes: "Ligazón" de Valle Inclán, e a comedia "Urbe".
Ksilocos Teatro convértese na parte administrativa, facéndose cargo da producción, contratación e distribución do novo espectáculo. A parte artística de "Urbe" e dos seguintes espectáculos levará o nome: The Pinga Teatro.
A compañía está integrada por Jesús Pando e Miquel Condal, Pando, actor, guionista e director, estudiou Arte Dramática e Xornalismo en Madrid e ten traballado en dobraxe de películas, en curtametraxes e series de televisión. No campo do teatro ten participado con diferentes grupos como actor, guionista e director.
Miquel Condal estudiou Arte Dramática e Dereito en Barcelona, e ten participado como actor en diferentes grupos e compañías, colaborando nalgúns casos na elaboración de guións e na dirección. Ten traballado tamén en varias series de televisión e no cine, tanto en curtos coma na longametraxe El viaje de Arián.
A obra que presentan no IV Verán de Teatro, "Urbe", é unha comedia ácida e disparatada, que en ocasións case que alcanza o surrealismo. O traballo basease en textos propios, que reflexiona con humor sobre a voráxine de vivir na cidade. O espectador, viaxeiro imaxinario sentado na butaca dun hipotético autobús turístico, é conducido por dous guías nunha viaxe espeluznante que remata con sorpresa.
Pando e Condal dan vida a dous transeúntes da plebe con persoalidades sospeitosas, idioma prestado e nome propio: Susinho de Morais e Pere Brut, que se van desdobrando durante a viaxe, amosando un continuo trasego de personaxes que nos achegan ós habitantes habituais de calquera cidade.