A XI Bandeira de traíñas Concello de Vigo celébrase o domingo 20 de xullo
A concelleira de Deportes, María Xosé Porteiro, presentou a XI Bandeira de traíñas Concello de Vigo que se celebrará o domingo 20 de xullo nas proximidades do Real Club Náutico. Repartiranse 12.710 euros en premios.
Ás 11:30 sairá a primeira tanda integrada por Coruxo, Pobra do Caramiñal, San Simón, A Cabana e Cesantes. A segunda tanda está composta por Esteirana, Regatas Perillo, Ares, Vila de Cangas e Chapela. Samertolaméu, Mar Ibérica-Náutico de Vigo, Amegrove, Bueu e Rianxo conforman a terceira e última tanda que está previsto que saia ás 12:30.
A regata disputarase na distancia clásica de tres millas mariñas (5.556 metros) en catro longos con tres ciavogas sobre babor. A composición das tandas obedece, como caso excepcional, sen regata clasificatoria previa a criterio do comité organizador segundo o número de embarcacións inscritas e dos resultados das regatas celebradas nesta tempada.