A danza moderna chega ao IV Verán de teatro na praza da Estrela
A compañía de Castela-León Hojarasca Danza presentará o xoves 17 de xullo en Vigo o seu espectáculo ‘Bloque C (Anxos caídos buscan subir ao ceo)’, dentro da programación do IV Verán de teatro que se celebra na explanada da praza da Estrela, á beira da ría, organizado pola Concellería de Festas e Animación Sociocultural.
O espectáculo de danza moderna, dirixido por Alicia Soto, pon en escena –unha estada de obra de catro metros de altura- a tres bailarinas que interpretan a tres obreiros que tratan de colocar a súa estructura. Ao remate da construcción, comeza a transformación. Os anxos despréndense do uniforme de traballo e comezan sacar as súas plumas. É a hora de intentar subir ao ceo, pero só o conseguirán se sopra forte o aire.
Axitarán as súas plumas para tentar subir e trepan polas barras para ver se acadan o seu obxectivo.
Alicia Soto dirixe dende 1994 Hojarasca Danza, a única compañía profesional de danza de Castela e León, que dende a súa creación, ese ano, ten visitado escenarios de todo o Estado. A peza que presentarán en Vigo foi estreada no Festival Internacional de Viladecans (Barcelona) en 2002. A mesma Alicia Soto é unha das tres intérpretes da obra xunto a Itsaso Álvarez e Noelia Tejerina. Algunhas esceas estarán animadas pola música do mítico grupo Pink Floyd.
Ficha técnica:
Espectáculo ‘Bloque C’ da compañía Hojarasca Danza
Lugar: Praza da Estrela. Entrada libre
Data: xoves, 17 de xullo, ás 23 horas