Inaugurada a humanización de Subride en Lavadores
O alcalde visitou a nova rúa Subride que conta con novas beirarrúas nas que o Concello investiu máis de 153.500 euros.
Lavadores xa ten humanizada parte da rúa Subride. O Concello rematou as obras que contaron cun orzamento de 153.503 euros. A rúa ten novas beirarrúas na marxe esquerda da rúa, corresponde aos números impares.
Segundo explicou o alcalde, “unha obra que mellora a mobilidade peonil con beirarrúas de 1,5 metros de ancho e unha actuación ao longo de 450 metros”. Tamén houbo cambios nas canalizacións dos pluviais, alumeado exterior e nas entradas particulares de vehículos fíxose un rebaixe da cota da beirarrúa para facilitar o acceso.
Abel Caballero manifestou que agora Subride ten “os estándares de humanización de Vigo, tamén no rural”