Escoitar

Caballero participa nun acto en Braga sobre a cooperación para o desenvolvemento de Galicia-Norte de Portugal

O alcalde estará acompañado de José Luis Carneiro, secretario xeral adxunto do Partido Socialista de Portugal e Valentín González Formoso, secretario xeral do PSdeG, entre outras autoridades destacadas.

xoves, 13 xan 2022
O alcalde no Foro de Cooperación Galicia-Norte de Portugal
O alcalde no Foro de Cooperación Galicia-Norte de Portugal

Abel Caballero participará ás 18 horas (horario español) na mesa redonda “A cooperación para o desenvolvemento territorial Galicia-Norte de Portugal” que se celebra no Auditorio da Biblioteca Lucio Craveiro da Silva, en Braga.

O alcalde foi invitado ao evento no que participarán distintas autoridades, entre as que se atopan José Luis Carneiro, secretario xeral adxunto do Partido Socialista en Portugal, que é ademais cabeza de lista en Braga nas eleccións parlamentarias que serán o 30 de xaneiro. Caballero tamén estará acompañado polo secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso; a secretaria de Política Internacional do PSOE, Hana Jalloul; o Reitor da Universidade do Minho, Rui Vieira de Castro; Elvira Vieira, coordinadora do Instituto Superior de Administración e Xestión; e o presidente da Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal, Nuno Almeida.

Caballero puxo de manifesto que Vigo está ao nivel de seguir neste Foro pola “continuidade das decisións da XXXI Cumbre de Guarda en canto a saída sur ferroviaria para a liña de alta velocidade Vigo-Braga-Porto-Lisboa-Setúbal e para as actuacións no gran ámbito económico que supón Galicia e o Norte de Portugal onde Vigo ocupa un lugar central”.

O alcalde no Foro de Cooperación Galicia-Norte de Portugal
Descargar todas as imaxes