Escoitar

O programa Coidadores de Barrio suma 22 novos usuarios en decembro

Os servizos municipais atenderon a 222 persoas e fixeron 1022 acompañamentos en decembro.

xoves, 13 xan 2022

O alcalde fixo balance en rolda de prensa do servizo de Coidadores de Barrio que sumou 22 novos usuarios no mes de decembro. En total, o alcalde cifrou a actividade dos servizos municipais en 1022 acompañamentos ás persoas maiores que o precisan. “Moitas cidades tómano como modelo de actuación”, destacou.

Abel Caballero manifestou que “é un servizo interesante, moi apreciado pola cidadanía e que atende varias partes de Vigo: Calvario, Teis, Casco Vello, As Travesas e Bouzas”. Tamén lembrou que hai 222 persoas de xeito permanente no servizo, pero calquera persoa maior que precise axuda na rúa tamén pode requirir un servizo nun momento concreto.

O alcalde explicou que o servizo está a medrar polo uso que fai a cidadanía e recoñeceu estar “satisfeito” co programa.

Descargar todas as imaxes