Escoitar

A gala dos premios Vigueses Distinguidos, o 3 de outubro no Auditorio Mar de Vigo

O alcalde informou este martes do cambio no lugar de celebración do acto, que estaba previsto inicialmente nos xardíns de Castrelos, dadas as previsións meteorolóxicas adversas. A entrega dos galardóns desenvolverase con aforo limitado ao 25% do espazo para garantir a seguridade das persoas asistentes.

martes, 29 set 2020

O Concello entregará os Premios Vigueses Distinguidos e a Medalla de Ouro da cidade o próximo sábado, 3 de outubro, no Auditorio Mar de Vigo, un espazo con capacidade para 1.600 persoas, ao que só poderán acceder un máximo de 400 -unha redución do 25% do aforo- para garantir a “separación total e tódalas garantías Covid”, segundo explicou o rexedor.

O cambio no lugar de celebración do acto de homenaxe á cidade, que ía desenvolverse inicialmente nos xardíns de Castrelo, débese á chuvia prevista para a vindeira fin de semana, que impedirá a .

Abel Caballero lembrou que Vigo renderá “honras á xente que traballou pola cidade” nunha gala na que se entregará a Medalla de Ouro aos colectivos sanitarios polo “traballo extraordinario que fan e seguen facendo na loita contra o Covid” e os premios Viguesas e Vigueses Distinguidos serán para Julio Picatoste Bobillo, Carlota Corredera Llauger, Iván Álvarez Faginas -policía nacional ferido en Barcelona-, Club Peña Trevinca, Alejandro Gómez Cabral, Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, Corpo da Policía Nacional, Autonómica e Local, Garda Civil e Protección Civil e, no eido educativo, reciben o galardón 16 centros por cumprir cincuenta ou máis anos de docencia na cidade.