Escoitar

Urbanismo autoriza licenzas de obra sempre que se cumpra o protocolo de seguridade do Covid-19

Abel Caballero explicou esta mañá que o Concello de Vigo segue a facilitar inversións e permisos para realizar obras, sempre que se cumpran as medidas de seguridade e protección precisas para loitar contra o coronavirus. Ademais de autorizar as actividades con licenza concedidas, autorízanse novos permisos sempre que se poidan resolver de xeito telemático.

venres, 17 abr 2020
O alcalde, en rolda de prensa.
O alcalde, en rolda de prensa.

O rexedor deu conta esta mañá de que no departamento de Urbanismo séguese a traballar de xeito telemático polo que se continúan facilitando inversións e permisos para realizar obras sempre cumprindo as medidas de seguridade e de sanidade impostas no decreto de alarma do Covid-19. Todas as actividades con licenza concedida e comunicacións previas de obra e actividade poden seguir adiante, así como todas aquelas que se poidan resolver de xeito telemático.

Tamén se conceden novas licenzas que se resolven no prazo establecido porque só se limitan os requisitos presenciais. Polo tanto, insistiu o rexedor, todas aquelas solicitudes que no precisen dun trámite presencial explícito por parte dos cidadáns, son resoltas e autorizadas. Trátase de axilizar a tramitación para que non haxa parón e os proxectos de investimento poidan executarse, sempre cumprindo coas condicións de Covid-2019.

Pxom
Segundo precisou o rexedor, a Xerencia de Urbanismo tomará coñecemento o martes que vén da solicitude do Concello de Vigo á Xunta de Galicia para o inicio da Avaliación Ambiental Estratéxica do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Con este obxectivo, a administración local enviou un documento que xa teñen todos os grupos políticos e que tamén está dispoñible para o acceso cidadán, explicou o rexedor. Trátase do primeiro borrador dun “moi bo plan para esta cidade cidade”, con 50.000 novas vivendas; 2 millóns de m² de solo empresarial; novas comunicacións e eliminación da controvertida ronda que figuraba no documento de 2008; 3,5 millóns de zonas verdes; oito novos parques; Biblioteca do Estado e zona dotacional ou unha nova Cidade Deportiva en A Balsa.

Descargar todas as imaxes