Inauguración da exposición do concurso fotográfico IV Vig-Bay
A Casa da Xuventude acolle a inauguración da mostra do Concurso Fotográfico da IV Vig-Bay a partir das 19:30 horas. No acto daranse a coñecer as imaxes premiadas na edición deste ano entre as realizadas polos dez finalistas. O certame, patrocinado pola Concellería de Xuventude, Vieirasa e Vigo Foto elixe as mellores instantáneas sobre a última media maratón Vig-Bay, celebrada entre Samil e Baiona o pasado 6 de abril.
Á convocatoria concorreron 30 participantes, decidíndose os premios á mellor colección, dotado con vales de compra por valor de 500 euros; á mellor fotografía, 250 euros, e á segunda mellor fotografía, 150 euros, entre os dez finalistas. O xurado estará composto polo veterano fotógrafo Magar, o fotógrafo da axencia Efe Salvador Sas, o director das tendas Vigofoto, Jesús Nieto e o coordinador da carreira, Alejandro Alonso.
Todas as imaxes finalistas serán expostas na Casa da Xuventude, ata o 22 de maio, no Pavillón Deportivo de Panxón e no Concello de Baiona.
O concurso fotográfico Vig-Bay pretende recoñecer o labor dos fotógrafos no tento de reflectir a realidade e a orixinalidade da maratón, complexa na súa cobertura consonte ao alto número de corredores e a percorrer un circuíto lineal de 21.097 metros, a través dos concellos de Vigo, Nigrán e Baiona.
Manuel Moure Valladares foi o gañador da edición do 2002, mentres que a imaxe presentada por Rafa Costas foi distinguida como a mellor fotografía, reflectindo o esgazador esforzo do atleta nos últimos metros da marcha. O segundo premio na categoría de fotografía foi outorgado a Juan Carlos Soto, polo seu atrevido tratamento de cores e de encadres.