Escoitar

O Concello entrégalle unha ambulancia a Protección civil

O concelleiro de Tráfico, Seguridade e Transporte, Xaquín de Acosta, fixo entrega dunha ambulancia asistencial medicalizada a Protección civil. O orzamento deste vehículo foi de 29.000 euros cofinanciados entre o Concello e Caixanova.

martes, 13 mai 2003
1052822096ambulancia1.jpg
Guede, De Acosta e Folgar ante o vehículo asistencial
De Acosta sinalou que esta ambulancia é un elemento imprescindible para exercer as funcións de Protección civil. "Neste mandato potenciouse Protección civil e dotouse de orzamento e estatutos autónomos necesarios para desenvolver o seu labor, ademais da adquisición deste vehículo", afirmou o concelleiro.

Luis Guede, representante de Caixanova, amosou a súa satisfacción de colaborar co Concello de Vigo na adquisición deste vehículo porque era algo necesario. Carmen Folgar, representante de Protección civil en Vigo, agradeceulle tanto ao Concello como a Caixanova esta dotación da que carecían desde hai dous anos e que contribuirá a mellorar o seu servicio á cidadanía.
Descargar todas as imaxes