A Sala dos Peiraos abre a segunda exposición de Malas Artes, Verbalidades
A Sala dos Peiraos continúa a serie de exposicións de "Malas Artes" que tratan de amosar a arte máis contemporánea dos artistas máis novos. "Malas artes" é unha iniciativa da Concellería de Cultura, comisariada por Xosé Manuel Buxán, que pretende converter aos Peiraos nun espacio da arte máis novidosa e suxerente feita polos artistas máis novos. A exposición inaugúrase o luns a partir das oito da tarde e estará aberta ata o 10 de xuño.
Esta segunda exposición de Malas Artes titúlase "Verbalidades" e xira en torno ao mundo das verbas e o eco que estas teñen nas artes plásticas. A mostra é un percorrido por diferentes fiestras dos xoves criadores que exemplifican as relacións entre o mundo das palabras, do literario, da escrita, dos rótulos, dos apuntes, das memorias, dos diarios, das anotacións verbais en relación coas artes visuais e plásticas contemporáneas.
Sobre todo elo quere reflexionar esta exposición que conta con varias obras feitas in situ e ex profeso polos artistas para a Sala dos Peiraos. Obras realizadas directamente sobre os muros da Sala, obras pois efémeras, que desaparecerán co remate da exposición.
Así Paula Aneiros converte os trazos persoais da escrita autógrafa en caudal de expresividade plástica, xesto pictórico, garabato cheo de forza abstracta, de pintura expresionista.
Alejandro Gómez Martín utiliza da pintura e da escrita para empapelar con graffittis os muros da nosa cidade. El convirte ao debuxo e a escrita nun reclamo político e social, nun acto esencial de insurxencia, de propaganda que se revela contra o sistema. Desta volta o seus grafitis cubren directamente nunha acción perecedera os muros da galería.
Roi Fernández segue na mesma liña que Alejandro Gómez Martín, e realiza uns grafismos que lle aproximan ao muro cheo de capas superpostas de pintadas e debuxos.
Irene Formoso Beloso interésase na obra presentada nos Peiraos polo mundo da literatura infantil, tan vencellado coa imaxe plástica, e así leva ao muro da propia sala a cita dun conto que manipula e distorsiona.
Jorge Migoya relaciona o texto co mundo pop, co mundo da publicidade, cos rótulos de neón, coa sociedade da moda e do consumo, escritos de desexos cosmopolitas e banais onde nos atopamos mergullados.
Federico Fernández Alonso non concibe a imaxe sen texto e así é que fusiona os grafismos das letras coas imaxes convertindoas nun todo indisociable en toda a súa obra.
Carlos Isla construye na exposición un entorno doméstico invadido pola escrita abafante do seu diario, retallos da súa memoria persoal que invaden un recuncho da sala dos Peiraos.
Lorena Gandoy xoga coas verbas e o seus significados convertíndoos en bastidores de lenzos posíbeis, a cabalo entre o rótulo e a abtracción pura do lenzo en branco.
Descargar todas as imaxes