Un Iglubús percorre os centros educativos co lema "Recicla vidro"
A concelleira Isaura Abelairas presentou a campaña educativa para fomentar a reciclaxe de vidro desenvolvida no interior dun Iglubús que visitará os centros escolares vigueses.
A responsable de Limpeza sinalou que esta campaña se enmarca no convenio asinado con Ecovidrio, empresa autorizada pola Unión Europea para a reciclaxe de envases. Coa axuda dun vídeo explicativo, tres monitores tratan de concienciar os cativos da importancia da reducción, reutilización e reciclaxe dos envases de vidro. No vídeo dáse conta do proceso de recuperación do vidro desde o seu depósito no colector, o paso pola planta de tratamento, a fábrica de envases, a comercialización e o consumidor. Con isto quérese fomentar a colaboración dos máis pequenos neste proceso.
Os datos indican que en Galicia hai máis de 7.000 colectores de recollida de vidro e España é o cuarto país europeo que máis recicla. "Se unha botella non se recicla tarda máis de 100.000 anos en desintegrarse" e "coa reciclaxe de 3.000 botellas se aforra máis dunha tonelada de materias primas", son algunhas das mensaxes que lles ensinan os nenos nesta xornada de concienciación.
O venres 16 de maio está previsto que o Iglubús visite o paseo de Samil e, no caso de que chova, estea na porta do Sol para que os vigueses poidan coñecer o proceso de tratamento de reciclaxe de vidro.