O Barrio Histórico de Bouzas, declarado área de rehabilitación
O Barrio Histórico de Bouzas xa é Área de Rehabilitación, polo que pode beneficiarse das axudas previstas polas distintas administracións para a rehabilitación de vivendas, fachadas ou reconstrucción de edificios. A Xunta de Galicia aceptou a solicitude feita polo Concello de Vigo e incluiu Bouzas dentro das actuacións recollidas no convenio suscrito dentre a Comunidade autónoma de Galicia e o Ministerio de Fomento o pasado ano.
A recente aprobación do Plan Especial de Reforma Interior de Bouzas e a declaración de área de rehabilitación do barrio histórico facilitarán o proceso de rexeneración desta zona da cidade. Os propietarios de inmobles poderán acceder a axudas para afrontar obras de reconstrucción das vivendas e as administracións públicas poderán promover proxectos de reurbanización e de recuperación de edificios singulares.
Por outra parte, a Comisión de Goberno aprobou a concesión de cinco novas subvencións para a rehabilitación de edificios situados no Barrio Histórico de Vigo. Os destinarios son os edificios situados no número 21 da rúa S. Francisco, o 23 da rúa Santiago e o 4 da rúa San Vicente, así como senllas vivendas ubicadas nestes dous últimos inmobles.
Descargar todas as imaxes