O Auditorio Mar de Vigo acollerá o sábado o musical "La Cenicienta y el zapatito de cristal"
O rexedor animou á cidadanía a acudir o sábado 3 de febreiro á representación do musical "La Cenicienta y el zapatito de Cristal" que comenzará ás 17,30 h no Auditorio Mar de Vigo. As entradas xa están á venda en Ataquilla.com cun prezo que oscila entre os 10 e os 12 euros.
O próximo sábado 3 de febreiro ás 17,30 h comezará no Auditorio Mar de Vigo a representación de "La Cenicienta y el zapatito de cristal", un musical solidario para toda a familia, dirixido por Javier Muñoz, baseándose no famoso conto de Charles Perrault. Caballero resaltou na presentación a calidade do espectáculo que, ademais de entreter, ten por obxectivo educar aos máis pequenos coa defensa de valores como a amizade ou respecto á natureza.
A historia desenvolvese a través cancións orixinais de diversos estilos, atractivos bailes, acrobacias, efectos especiais, coloridos vestiario e decorados que trasladan a escea desde a habitación de Cenicienta ata o gran baile de Palacio. As entradas para o espectáculo están á venda en ataquilla.com e os seus prezos oscilan entre 10 e 12 euros. Os beneficios destinaranse integramente á Fundación para o Desarrollo Educativo en Galicia (FUNDEGA). En representación desta institución, estivo presente na rolda de prensa unha das súas patroas, Beatriz Terol.
Descargar todas as imaxes