Escoitar

O Concello ultima a humanización do entorno de Corredoura cun pavimento similar ao de Isabel II

O Concello está a piques de rematar a humanización do entorno do parque e da Igrexa de Castrelos para que todo estea disposto para a celebración da Candelaria. Tal e como explicou, construíronse beirarrúas, instaláronse farois fernandinos, ademais de renovar o pavimento.

luns, 29 xan 2018
O alcalde de Vigo deu conta esta mañá do avance das obras que se están a realizar en Corredoura e Subida a Corredoura, unha zona moi especial pola súa proximidade ao BIC de Castrelos e por ser a conexión entre o parque e a Igrexa. Concretamente, en Corredoura, explicou, estanse a construír beirarrúas, mentres que na Subida a Corredoura, estase a colocar un pavimentado similar ao aplicado na rúa Isabel II (diferenciando a zona peonil da de vehículos con debuxos no firme) e instalaranse farois fernandinos. Tal e como explicou, estas obras estarán rematadas en próximos días, antes da celebración da Candelaria.