Escoitar

CALENDARIO DO CONTRIBUÍNTE PARA O ANO 2018

venres, 26 xan 2018
De conformidade co disposto no apartado 3º do artigo 62 da Lei Xeral Tributaria e 36 da Ordenanza fiscal xeral do Concello de Vigo, o concelleiro delegado de orzamentos e facenda do Concello de Vigo, a proposta da tesourería municipal, RESOLVEU o 11 de xaneiro de 2018:
Fixar como datas de comenzo e final de cobranza, en período voluntario, dos padróns de tributos de cobro periódico e notificación colectiva correspondentes ao exercicio 2018 (calendario do contribuínte para o ano 2018), así como as datas para o cargo en conta dos recibos domiciliados nas entidades financeiras, as seguintes:


PRIMEIRO SEMESTRE:

Imposto vehículos de tracción mecánica (IVTM).

Data de comenzo do período voluntario: 2 de abril de 2018.
Data de finalización do período voluntario: 4 de xuño de 2018.
Data de cargo en conta dos recibos domiciliados: 4 de xuño de 2018.

Taxa pola recollida do lixo nas vivendas.

Data de comenzo do período voluntario: 1 de xuño de 2018.
Data de finalización do período voluntario: 2 de agosto de 2018.
Data de cargo en conta dos recibos domiciliados: 2 de agosto de 2018.

SEGUNDO SEMESTRE:

Exaccións unificadas industriais (Lixo industrial).

Data de comenzo do período voluntario: 2 de xullo de 2018.
Data de finalización do período voluntario: 3 de setembro de 2018.
Data de cargo en conta dos recibos domiciliados: 3 de setembro de 2018.

Imposto sobre bens inmobles (IBI).

Data de comenzo do período voluntario: 3 de setembro de 2018.
Data de finalización do período voluntario: 5 de novembro de 2018.
Data de cargo en conta dos recibos domiciliados: 5 de novembro de 2018.

Imposto sobre actividades económicas (IAE).

Data de comenzo do período voluntario: 3 de setembro de 2018.
Data de finalización do período voluntario: 5 de novembro de 2018.
Data de cargo en conta dos recibos domiciliados: 5 de novembro de 2018.