Escoitar

Caballero anuncia o interese do Concello por "recuperar a carreira do Calvario", este domingo con 800 atletas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe no Concello a segunda carreira atlética popular do ano, Calvario 5+5, primeira que o pulo privado e da propia Concellería de Deportes recuperan tras dous anos de ausencia.

venres, 26 xan 2018
1516975914carrera.jpg
Acompañado polo edil de Deportes, Manel Fernández, e por representantes da organización (Asociación de Veciños do Calvario), dos Comerciantes do Calvario e do Mercado, o rexedor anunciou que a proba, este domingo (10:00 horas, os atletas de base, 11:15 a carreira sénior), contará con 800 "runners" (646 para os 5.000 e 10.000 metros e 156 nas carreiras de nenos e rapaces de 4 a 14 anos).

Caballero definiu o evento como unha proba "importantísima" e recoñeceu que "temos moito interese en recuperala porque sempre foi ben e funcionou", explicou. 

A carreira consta de diferentes distancias para os nenos segundo a súa idade (dende os 80 metros para os máis cativos aos 2.100) para a continuación, e sempre con saída dende o paseo peatonal e ante o mercado do Calvario, disputarse a proba absoluta, de 5K ou de 10K e con saída conxunta.

A organización, que sabe que o listón anterior estaba "moi alto", marcouse o obxectivo de "que siga crecendo ano a ano" e dedicou esta edición aos deportistas olímpicos "porque fixeron moito por esta cidade e polo deporte", segundo explicou Raúl Fontán, o presidente da asociación vecinal. Carlos Pérez e Franco Cobas acudiron en representación dos deportistas olímpicos.

O evento desenvolverase por un circuíto que discorrerá por Urzaiz, Jenaro de la Fuente, rúa Aragón e Travesía, volvendo polas mesmas rúas. Os "runners" deberán dar unha volta (5K) ou dúas (10K) en función de si corren o 5.000 ou o 10.000.
Descargar todas as imaxes