mércores, 31 xan 2018
                    A Corporación aprobou este mércores incorporar este entorno, próximo á Avenida de Madrid, á ordenación urbanística provisional, o que suporá recuperar para Recaré o planeamento de 2008. A edil de Urbanismo, María José Caride, expuxo que existe demanda empresarial e defendeu o interese desta actuación para a economía e o emprego de Vigo, compatible ademais co comercio local.<br />
                 
            
                                        
                
                    
                    
                    
                    mércores, 31 xan 2018
                    O Pleno Ordinario aprobou a moción do grupo socialista, con votos en contra de Marea, para instar á administración autonómica a que faga efectivo o convenio consensuado entre Concello  e Xunta. "É unha necesidade porque o cambio climático chegou para quedarse", expuxo David Regades. 
                 
            
                                        
                
                    
                    
                    
                    mércores, 31 xan 2018
                    Marea e PSOE deron luz verde esta mañá a unha moción que solicita a  paralización da modificación da Lei Galega de Saúde. Durante o debate do texto defendido por En Marea, o grupo propoñente aceptou unha emenda socialista que reclama o rescate do hospital Álvaro Cunqueiro. 
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    mércores, 31 xan 2018
                    Todos os grupos apoiaron na sesión plenaria desta mañá unha moción socialista que defende a equiparación salarial de todos os corpos e forzas de seguridade do Estado. O texto propón instar ao Goberno a incluír a correspondente dotación orzamentaria nos próximos exercicios.  
                 
            
                                        
                
                    
                    
                    
                    mércores, 31 xan 2018
                    Os tres grupos municipais amosan a súa solidariedade coas familias das vítimas, entre elas a da viguesa Déborah Fernández, achada morta no ano 2002.