Escoitar

Castrillo reúnese coa directora de Nacións Unidas en España

mércores, 26 feb 2003
imx2381.jpg
Castrillo e Mataró
O alcalde, Lois Castrillo, entrevistouse con Angels Mataró i Pau, directora da Asociación para as Nacións Unidas en España. Castrillo interesouse en colaborar nas propostas da ONU nun momento de conflicto coa crise de Iraq.

A Asociación para as Nacións Unidas en España pretende, nestes momentos, difundir e programar actividades en Galicia para evitar unha guerra contra Iraq.

Fundada en 1962, a Asociación para as Nacións Unidas en España ten como obxectivos principais divulgar os principios e propósitos das Nacións Unidas, informar sobre o labor que realiza a ONU e os organismos e programas do Sistema das Nacións Unidas (OIT, FAO, UNESCO, UNICEF...) , apoiar o labor da organización e estimular a colaboración, estimular os sentimentos de paz, solidariedade e cooperación entre os homes e mulleres de todo o mundo sen distinguir raza, sexo, nacionalidad ou relixión.

A ONU encarna a vontade da humanidade de derrotar a violencia coa forza da razón e de mellorar a condición humana. Os estados membros da organización esfórzanse para conseguir que nos asuntos mundiais imperen os principios e a xustiza. Co apoio activo dos estados membros e os pobos do mundo, a ONU demostrou que é unha institución de cooperación internacional indispensable pola súa actuación fronte a determinados conflictos.

MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes