Escoitar

”Formas de ser”, exposición de fotografías de Andrea Costas

martes, 25 feb 2003
imx2372.jpg
Imaxe da mostra
A Fundación Laxeiro, en colaboración co Centro de Estudios Fotográficos, organiza unha exposición titulada ”Formas de ser”, da artista viguesa Andrea Costas, que poderá visitarse na Sala B da Fundación Laxeiro ata o vindeiro 30 de marzo. Na exposición figuran imaxes de tres series de fotografías: Tempo ao tempo, Incorporados e Composturas.

Para a autora ”as persoas somos complexas e algunhas ata complicadas. Entón ¿como se pode facer un retrato ou tan sequera un autorretrato? Eu comezo por espirme, pois a roupa non é algo esencial para min, e precisamente iso é o que intento destilar: as esencias”.

Como resultado de dous anos que durou este experimento quedan tres series fotográficas. Na primeira, Tempo ao Tempo, na que a autora compara o se corpo co da súa avoa. Na segunda, Incorporados, colócase enriba anacos representativos dos corpos das seis persoas que máis importan na súa vida: o seu pai, a súa nai, a súa avoa, a súa irmá, a súa tía e o seu mozo. Na última serie, Composturas, trata de definir un pouco máis esas seis persoas, e a ela, por medio dos espacios cotiáns que comparten e que lles condicionan tanto

ANDREA COSTAS, nace en Vigo en 1978, estudia Belas Artes en Pontevedra e Barcelona. É membro colaborador do Grupo de Investigacións Fotográficas da Universidade de Vigo. Gañadora do concurso Novos valores de Pontevedra no ano 2001 e ccésit do Certame de Fotografía INJUVE 2002.

Individualmente, expuxo a súa obra Miradas Virxes no Centro Torrente Ballester, en Ferrol en 2001.Ten participado en exposicións colectivas como Estancias (Exposición Colectiva de Mulleres Artistas. Teatro Principal, Pontevedra, 2000), Identidades (IX Fotobienal de Vigo, 2000), Identidades (Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, 2001) e Imaxes maiores (Caixa Galicia, Santiago de Compostela, itinerante, 2002).
Descargar todas as imaxes