O Concello recomenda precaución no uso de artigos de broma durante o Entroido
Ante os feitos acaecidos nos últimos anos e as denuncias recibidas en relación con determinadas conductas durante a celebración do Entroido, prohíbese a utilización de aerosois, recipientes que conteñan algún tipo de substancia ou calquera outro artigo de broma, que non cumpran determinadas normas de seguridade.
As normas establecidas no Real decreto 2330/1985, do 6 de novembro, para xoguetes, útiles de uso infantil e artigos de broma. En ningún caso poderán dirixirse contra as persoas que circulen pola vía pública ou contra os vehículos ou establecementos comerciais e especialmente aqueles que pola súa especial composición poidan derivar prexuízos contra a saúde pública.
Así mesmo está prohibida a venda dos devanditos artigos tanto na vía pública como en establecementos comerciais.
Prohíbese a fabricación, circulación e venda de calquera obxecto para uso infantil que presente externamente substancias explosivas ou detonantes, susceptibles do contacto directo. Para a circulación e venda de productos pirotécnicos infantís é necesario que neles figure a marca, o nome do fabricante, a letra e número que teña asignado polo Ministerio de Industria.
Non se permite o depósito comercial ou consumo e venda de productos pirotécnicos nos establecementos que non conten coa autorización da Subdelegación do Goberno e a súa venda ambulante.
Descargar todas as imaxes