Trasládase á rúa Romil o Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller
O Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller trasládase á rúa Romil, número 20, a partir do mércores 26 de febreiro. Este espacio, da Concellería da Muller, ofrece un servicio de información e asesoramento ás mulleres no que se promove unha intervención pluridisciplinar e integral dende unha perspectiva de xénero, desenvolvendo ao mesmo tempo programas específicos de apoio e atención ás víctimas da violencia.
O CMIDM é atendido por unha psicóloga, unha traballadora social, unha avogada e unha auxiliar administrativa. É a vía de entrada á Casa de Acollida para Mulleres Maltratadas de Vigo, así como ao Servicio de Atención Domiciliaria á Infancia (SADI).
Ofrece programas de información e asesoramento xurídico, social e psicolóxico, programas dirixidos a mulleres víctimas da violencia de asistencia psicolóxica especializada con asesoramento, intervención en crise, terapia individual, terapia de parella, terapia grupal e terapia familiar.
Outro programa de asesoramento e apoio social consiste no acollemento, busca de vivenda, asesoramento en recursos e solicitude de prestacións económicas, escolarización e coidados dos fillos, recursos, apoio social e saúde.
Dispón dun programa de asistencia para a integración laboral dirixido ás usuarias e ex-usuarias da Casa de Acollida e un programa de asesoramento e asistencia xurídica con asesoramento en todo tipo de consultas penais e de dereito e de familia, ademais de asesoramento e seguimento nos procesos penais e de familia e de asistencia nas xestións xurídicas que procedan.
Horario e contacto
O CMIDM está na rúa Romil, número 20. 36203 Vigo.
Aberto de luns a venres de 10:00 a 14:00 e xoves de 17:00 a 20:00 horas.
Teléfono e fax: 986 29 39 63
MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes