Comezo das obras de humanización en López de Neira
O xoves principian as obras de humanización da rúa López de Neira, seguinte chanzo no proceso de mellora do contorno da rúa Príncipe e do Museo de Arte Contemporánea. O presuposto de execución deste proxecto é de 136.400 euros.
A reforma de López de Neira será semellante á realizada recentemente noutras rúas da zona. Ampliaranse as beirarrúas deixando unha calzada de só 3 metros de ancho, renovarase toda a rede de servicios, instalarase un novo alumeado público, modernizarase o mobiliario urbano e prantaranse árbores.
O propósito desta actuación vai máis alá de acondicionar unha rúa que se encontra nun estado deficiente. Trátase de crear as condicións para revitalizala comercialmente e incorporala á renovada área comercial que se artella en torno ao eixo de Príncipe.
Estímase que as obras durarán en torno aos dous meses. Durante ese periodo quedará pechada ao tráfico a rúa López de Neira, entre Príncipe e Doutor Cadaval. Tamén se prohibirá a circulación polas rúas Lugo e Perú.