Aprobadas as bases para participar no Festival Folclórico Internacional
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural está a programar o IX Festival Folclórico Internacional “Concello de Vigo”, creado co obxecto de fomentar, promocionar e achega-lo folclore popular á cidadanía. Por este motivo, a Concellería oferta un espectáculo folclórico a cinco escenarios ou recintos de actuación para acolle-la presente edición do festival, que se celebrará os días 18, 20, 22, 23 e 24 de xullo.
Ó concursos poderán inscribirse todas aquelas entidades ou asociacións de carácter socio-cultural de Vigo que estean interesadas en acoller un destes espectáculos.A solicitude de inscrición realizarase en impreso normalizado no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.O prazo será dende o 3 ó 21 de marzo, ambos inclusive.
As condicións que imprenscindiblemente deberá reuni-lo recinto de actuación de cada entidade ou asociación son que dispoñan de escenario, completamente liso e cunhas dimensións mínimas de 10 m de longo x 10 m de largo x 1 m de alto: conexión eléctrica cunha potencia mínima de 100.000 “watios”: cadeiras necesarias segundo a súa capacidade: camerinos próximos ó escenario, convenientemente equipados e cunha capacidade mínima para 30 persoas cada un deles. Os camerinos deberán estar en perfecto estado de hixiene e contar con auga potable, perchas, espellos e cadeiras.