Escoitar

O alcalde enxalza as zonas húmidas viguesas que superan os 300.000 metros cadrados

No Día Mundial das Zonas Húmidas Caballero visitou o CEIP Seis do Nadal onde 200 escolares participaron nas actividades organizadas para sensibilizar sobre a importancia do medio ambiente. A campaña municipal esténdese a todos os centros educativos da cidade.

xoves, 2 feb 2017
1486042590humedales.JPG
O rexedor puxo en valor as zonas húmidas viguesas nas que o Concello realizou "unha recuperación moi importante" que permitiu que, nestes momentos, estean "mantidos e limpos". Suman máis de 300.000 metros cadrados entre A Bouza, Goberna, Muíños, Barreiro, Fontes Pertegueiras, Xunqueira do Lagares con 114.000 metros cadrados e O Vao, o máis grande, con máis de 137.000 metros cadrados.

Co obxectivo de sensibilizar aos nenos e nenas vigueses sobre a importancia do medio ambiente, Caballero celebrou este Día Mundial das Zonas Húmidas con máis de 200 escolares de 3º e 4º de Primaria do CEIP Seis do Nadal, que se disfrazaron de animais típicos das zonas húmidas: píntega, parrulo, tritón, ra de San Antonio ou Cabalo do demo.

O alcalde explicou que o Concello desenvolverá unha campaña educativa de sensibilización nos centros escolares da cidade nos que un biólogo e naturista dará a coñecer a diversidade de animais e plantas que viven nas zonas húmidas e a importancia da súa conservación. De feito, lembrou que o goberno local destinou unha sinal específica para darlle prioridade aos parrulos na Bouza cando estes cruzan a estrada para desprazarse ata o Lagares no verán.
Descargar todas as imaxes