Escoitar

O rexedor garante máxima dilixencia municipal para iniciar as obras do proxecto da Cidade da Xustiza

O alcalde avanzou esta mañá que o Concello tramitará coa máxima celeridade a licenza para que en maio poidan arrancar as obras de derrubo de parte do antigo Hospital Xeral. Así o confirmou logo de participar na comisión de seguimento da Cidade da Xustiza, na que tamén estivo presente o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.

mércores, 1 feb 2017
1485957625cidade.jpg
O alcalde constatou esta mañá que o proxecto para trasladar a Cidade da Xustiza ao antigo edificio do Xeral segue a súa marcha e avanzou a máxima celeridade do goberno local na tramitación da licenza de derrubo de parte deste edificio. Tal e como trasladou, as previsións son que estes traballos comecen o próximo mes de maio. Na comisión de seguimento da Cidade de Xustiza organizada esta mañá no edificio da Xunta en Vigo tamén estivo presente o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda.
Descargar todas as imaxes