Caballero abordará coa vicepresidenta do Goberno e o ministro de Facenda o novo modelo de financiamento local<br />
No encontro, que se celebrará o vindeiro luns en Madrid, o alcalde de Vigo e presidente da FEMP propoñerá ao Goberno a necesidade "urxente" de desenvolver o modelo de financiamento municipal, en paralelo co modelo autonómico, para resolver os problemas dos Concellos neste 2017, entre eles, o uso do superávit.
Caballero manterá unha reunión "da maior importancia" o vindeiro luns coa vicepresidenta do Goberno e ministra para as Administracións Territoriais, Soraya Sáenz de Santamaría, e co Ministro de Facenda, Cristóbal Montoro co fin de abordar a formulación e o desenvolvemento do novo modelo de financiamento local, en paralelo ao modelo autonómico, porque os concellos, sinalou "non queremos ir despois. Queremos marcar o noso calendario de principio inmediato e resolución dos problemas de 2017".
O rexedor vigués explicou que no encontro tratarán cuestións relacionadas "coa eventual" Lei de Presupostos e, polo tanto, co financiamento dos concellos para 2017 porque os municipios queren que "a nova regra de teito de gasto teña en conta que somos cumpridores e que nos permita empregar os superávit dende o ano pasado sen ter que xerar ingresos para a súa utilización", uns aspectos que cualificou como "urxentísimos".
A este respecto engadiu que as inversións do superávit dos municipios dependen da aprobación dos orzamentos do Estado e non se poderán realizar se estes non se aproban en prazo, polo que a FEMP demandará ao Goberno o establecemento dun calendario. Ademais, Caballero abordará cos ministros a disposición do grupo de expertos para o novo sistema de financiamento local e o grupo de traballo para formular estas medidas "de forma inmediata".