O Concello abre o prazo para solicitar as axudas extraordinarias de vivenda, enerxía e alimentación
O alcalde trasladou que desde este mércores xa se pode solicitar, vía web e no 010, a cita previa para optar ao programa de axudas extraordinarias a familias, prazo aberto ata o 3 de marzo. Sumado o plan contra desafiuzamentos, o goberno de Vigo adica este ano 2,6 millóns a achegas sociais.
Abel Caballero informou este mércores da apertura do prazo de solicitude de cita previa para todos aqueles interesados en optar ao programa municipal de axudas extraordinarias para familias.
Desde hoxe e ata o 3 de marzo, revelou o rexedor, na web municipal e no teléfono gratuito 010 pódese pedir unha cita previa para presentarse ao coñecido como "cheque social": un programa de axudas para vivenda, enerxía e alimentación que ascende este ano a case 1,7 millóns de euros. Explicou Caballero que estas axudas procuran apoiar ás familias con menos recursos nos seus pagos de vivenda (aluguer e hipoteca), alimentación e subministros enerxéticos (electricidade e gas). A atención comeza o próximo luns.
O orzamento da convocatoria deste ano ascende a 1.680.000 euros, aos que se engaden outros 842.000 euros que o Concello adica ao programa contra desafiuzamentos e emerxencia social do ano 2017. Deste xeito, o goberno de Vigo dispón de máis de 2,5 millóns de euros para apoiar a familias sen recursos nos seus pagos de alimentación, enerxía e vivenda.
Teleasistencia
Tamén da área de Política de Benestar, o alcalde vigués informou este mércores da prórroga, aprobada pola Xunta de Goberno Local, para a prestación un ano máis do servizo de teleasistencia domiciliaria municipal, por importe lixeiramente superior aos 76.000 euros. Abel Caballero certificou o "gran éxito" que recaba este programa municipal entre os usuarios.