O alcalde convocará o Consello Social para esixir á Xunta e a Fomento o AVE directo por Cerdedo
O rexedor confirmou esta mañá a súa intención de convocar o Consello Social para esixir á Xunta e ao Ministerio de Fomento o AVE Vigo-Madrid directo por Cerdedo. Caballero criticou ao presidente galego e o ministro de Fomento porque obviaron esta variante do tren de alta velocidade, limitándose a asegurar que a declaración de impacto ambiental está en tramitación.
Abel Caballero manterá "dous o tres" reunións máis con distintos colectivos da cidade e, a continuación, convocará o Consello Social para esixir a conexión do tren de alta velocidade Vigo-Madrid por Cerdedo. Na súa opinión, na reunión que mantiveron onte en Madrid o presidente da Xunta e o ministro de Fomento, "só se falou do AVE do norte de Galicia, do do sur, non se falou nada. Deixaron fora á provincia de Pontevedra a a parte da de Ourense, que non debemos ser de Galicia". O ministro de Fomento, dixo, non se referiu á conexión de Vigo co tren de alta velocidade, máis alá de confirmar que a declaración de impacto ambiental está en tramitación. O alcalde negou este extremo e dixo que ese trámite ambiental, que leva 5 anos en marcha, "está detido nun caixón por parte dos ministros de Fomento e Medio Ambiente, coa complicidade de Feijóo". Cualificou esta ausencia de "inadmisible desde esta cidade" e insistiu que o nexo para ligar co norte de Portugal é estratexicamente determinante".
O rexedor tamén se referiu "ao paso atrás importantísimo" que recibiu o proxecto da estación do AVE logo durante esta mesma reunión, na que, a instancias da Xunta, paralizaron a adxudicación das obras "a expensas dunha tramitación urbanística para unha estación de autobuses que nin sequera ten proxecto". Tal e como engadiu, a estación de alta velocidade de Vigo poder ser adxudicada porque hai so un solicitante que cumpre todos os requisitos e a "retrasan sine die" porque esta tramitación aínda non comezou logo de sete anos de suposta posta en marcha.