Escoitar

O Concello ultima a "turboglorieta" de Jenaro de la Fuente, a sétima na cidade

Vigo contará en breve cunha nova "turboglorieta", a de Jenaro de la Fuente, que se sumará ás seis que xa están a funcionar na cidade. O alcalde avanzou, asi mesmo, que xa se están a estudar os deseños de Praza do Bicentenario e da rotonda de Isaac Peral.

xoves, 2 feb 2017
1486042767turboglorieta.JPG
A próxima semana iniciarase a colocación da sinalización vertical na "turboglorieta" de Jenaro de la Fuente, e posteriormente, tan pronto o tempo o permita, procederase ao pintado, que se prolongará tres noites, aproximadamente. Así o explicou esta mañá Abel Caballero nunha rolda de prensa na que destacou a complexidade do deseño desta rontonda xa que regula unha zona con moita intensidade de tráfico porque está situada nunha zona crave. Logo de amosar un vídeo co funcionamento do tráfico, defendeu que as "turboglorietas" permiten circular con velocidade e seguridade.

A de Jenaro de la Fuente vense sumar a outros seis deseños que xa funcionan na cidade: Gran Vía, avenida de Castrelos, Beiramar coa rúa Coruña, avenida de Europa, avenida de Samil e avenida de Castelao. O alcalde engadiu que a vontade do goberno é estender este modelo por toda a cidade e avanzou que xa se está a estudar o deseño da Praza do Bicentenario e da rotonda de Isaac Peral.
Descargar todas as imaxes