Caballero citará a colexios profesionais e asociacións cidadás para reclamar o AVE directo
Caballero manterá en próximas datas reunións cos colexios de Economistas, Enxeñeiros e Arquitectos, ademais de entidades empresariais e cidadás, para abordar a esixencia da conexión directa do AVE Vigo-Ourense por Cerdedo. O rexedor elevará a cuestión ao Consello Social unha vez conclúa estas entrevistas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves que abordará a reclamación da conexión directa do AVE Vigo-Ourense por Cerdedo en sendas reunións cos colexios de Economistas, de Enxeñeiros e de Arquitectos, e con entidades empresariais e cidadás.
Despois de ter avanzado onte a convocatoria do Consello Social da cidade para esixir a variante de Cerdedo, Abel Caballero explicou que esta cita terá lugar despois de concluir estas reunións para pulsar a opinión da cidade.
O Consello Social, apuntou o primeiro edil, tamén tratará a "paralización" da adxudicación do centro Vialia da estación ferroviaria de Urzáiz, deseñada polo arquitecto Thom Mayne. Caballero amosou a súa "enorme preocupación" pola cuestión e recordou que o Concello xa garantiu "por escrito" a ADIF o seu visto bo a empregar a Lei 3/2016 como opción urbanística para levar adiante a obra, garantias que non concedeu a Xunta de Galicia.