Toba desminte a existencia dun ”pacto secreto” para pagar as obras da praza da Independencia
O concelleiro de Urbanismo, Xavier Toba desmentiu as informacións publicadas sobre un suposto “acordo secreto” para pagar as obras da praza da Independencia. Toba explicou que o Goberno municipal incluiu nos presupostos, a instancias da Intervención Xeral, a partida necesaria para atender a reclamación presentada pola empresa que executou as obras contra os presupostos de 2002. Esa partida figura claramente expresada no documento presupostario e podía ser consultada por calquera membro da Corporación municipal.
A empresa que realizou as obras de reforma da praza da Independencia presentou unha reclamación contra os presupostos de 2002 esixindo o pagamento de 819.312 euros que, ao seu entender correspondíalle abonar ao Concello de Vigo. Esa reclamación fíxoa tamén por vía xudicial a través da presentación dun recurso contencioso administrativo. O Goberno municipal introduciu unha partida por esa cantidade nos orzamentos deste ano para poder atender esa reclamación no caso de ser necesario.
A inclusión da partida nos presupostos non implica que se vaia abonar esa cantidade. O pagamento está suxeito á tramitación dun expediente que terá que ser aprobado polos correspondentes órganos municipais. Nese expediente deberase certificar que a indemnización que reciba a empresa corresponda ás unidades de obra executadas de acordo cos prezos de mercado.
Xavier Toba subliñou ademais que a inclusión da partida non se fixo en secreto. Figuraba tanto no documento de aprobación inicial do presuposto como no de aprobación definitiva, polo que puido ser consultada por calquera que demostrase interese. Toba foi máis preciso ao sinalar que a partida era coñecida polos dous grupos que forman o Goberno, xa que se debateu nas negociacións do documento presupostario.