O 93% dos usuarios enquisados están satisfeitos cos servicios de atención cidadá
A concelleira de Participación Cidadá, Mariló Cabaleiro, presentou os resultados da enquisa realizada sobre o servicio telefónico 010, de atención presencial e o tecido asociativo da cidade. Dos resultados despréndese que 93% dos usuarios amosan un alto grao de satifacción do servicio.
A enquisa de calidade realizóuselle a 2.000 persoas das 19 parroquias viguesas que dispoñen de liña telefónica mediante un mostreo aleatorio. O grao de coñecemento do servicio 010 foi do 23% dos enquisados e o servicio foi descuberto a través da publicidade en cabinas telefónicas por un 22% deles. Neste sentido, a concelleira afirmou que están preparando unha nova campaña de difusión do servicio para chegar a máis cidadáns.
O servicio de atención telefónica 010 recibiu 33.041 chamadas en 2002, das que 10.708 foron relacionadas con trámites municipais, 5.574 con organismos e asociacións, 2.508 con servicios domésticos, 2.033 con localización de lugares, 1.910 con deportes e 1.438 ocio e turismo, entre outros.
Dos 2.000 enquisados, 140 utilizaron o servicio 010. Recibiron abundante información o 46%, suficiente o 46% e nula o 7%. O 93% dos enquisados recomendaría este servicio.
O 60% dos enquisados utilizou algunha vez o servicio de información do Concello situado na planta baixa. No 90% dos casos facilitáronlle a información solicitada.
O 51% dos enquisados opina que o movemento asociativo dinamiza a cultura na súa parroquia e o 61% cre que estas actividades se deben potenciar a través de subvencións.
Descargar todas as imaxes