O Plan Especial do Porto será reformado para rematar as obras de ”Abrir Vigo ao Mar”
O Concello de Vigo deu o primeiro paso para reformar o Plan Especial do Porto de Vigo co obxectivo de facilitar o remate dos proxectos incluídos no plan “Abrir Vigo ao Mar”. Esta modificación conta coa anuencia da Autoridade Portuaria e do Consorcio da Zona Franca.
As modificacións que se pretenden realizar perseguen os seguintes obxectivos:
- Adaptar a planta do edificio dotacional da praza da Estrela ao novo trazado da saída do paso inferior da rúa Areal.
- Delimitar o espacio que posibilite a construcción da nova piscina do Real Club Náutico no peirao de Trasatlánticos.
- Suprimir a previsión de piscina na súa actual localización e establecer unha nova ordenación da zona que compatibilice espacios públicos, aparcadoiros e superficies de servicio ao porto deportivo.
- Realizar pequenos axustes no proxecto de Centro Comercial do peirao da Laxe, coa finalidade de garantir a máxima seguridade de saídas de emerxencia e dar resposta a demandas específicas deste tipo de inmobles.
Estas modificacións vanse someter a exposición pública durante un mes antes da súa aprobación definitiva.
Descargar todas as imaxes