Escoitar

O Concello colabora na atención dos menores do Centro de Educación Especial ”Hoy por Mañana”

mércores, 15 xan 2003
imx2224.jpg
Elena Piñeiro e Belén Sío
A concellería de Benestar Social asinou un convenio de colaboración coa asociación de nenos con parálise cerebral ”Hoy por Mañana” co fin de ofrecer accións dirixidas aos rapaces con esta problemática e que estarán coordinadas polo equipo do Centro de Educación Especial e os servicios sociais do Concello.

Os beneficiarios destas accións son nenos e nenas de entre 0 e 6 anos de idade afectados de parálise cerebral e patoloxías afíns, ou aqueles outros que teñan limitadas as súas capacidades como consecuencia de problemáticas e disfuncións particulares e as súas familiass susceptibles de precisar os servicios sociais da comunidade.

O obxectivos xerais do convenio son prevenir e educar os nenos e nenas desas patoloxías seguindo un modelo que considere os aspectos biolóxicoss, psicolóxicos e sociais de maneira que se potencie a súa capacidade de desenvolvementio e benestar familiar, escolar e social, así como a súa autonomía persoal.

Potenciarase tamén que os nenos desenvolvan as suas habilidades persoais e sociais cara a unhaa posterior incorporación á ensinanza obrigatoria.

Por outra banda, o convenio tamén contempla a utilización da ludoteca do Centro de Educación Especial como recurso onde se integren nenos que teñen discapacidade e nenos da zona co propósito de promover o respecto, á tolerancia e a diversidade, ademais da súa normalización e integración.
Descargar todas as imaxes