Escoitar

O Goberno vigués reclamará ao Goberno central e á Xunta os gastos de limpeza da marea negra

martes, 14 xan 2003
imx2218.jpg
Praia da Cantareira (Cíes)
O Goberno municipal incluiu nos presupostos de 2003, aprobados hoxe, unha partida para cuantificar os gastos xerados polos traballos de limpeza da marea negra e polas medidas preventivas adoptadas. Nesa partida imputaranse os gastos que se están producindo, coa finalidade de solicitarlle a correspondente compensación aos Ministerios de Medio Ambiente e Fomento ou á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, en función das competencias que lles correspondan a cada un destes órganos.

A partida, denominada “Gastos derivados dos traballos de limpeza de areais e subministros de materias pola catástrofe do Prestige”, créase con saldo cero. Os gastos que se tramiten imputaranse a esta partida e o saldo negativo conformará a cantidade que se lle reclamará ás administracións responsables. No caso de ser necesario, faríanse as modificacións presupostarias necesarias para suplementar as disponibilidades desa bolsa de créditos.

Coa creación desta partida presupostaria disponse dun instrumento financieiro para atender as necesidades do Concello de Vigo no eido da limpeza e recuperación do litoral do municipio. Asemade cuantíficase o gasto realizado para poder solicitar o seu reintegro tanto á Xunta como ao Goberno central.
Descargar todas as imaxes