Electromecánicos publica un manual para diminuír a factura do consumo enerxético no fogar
O concelleiro de Servicios Electromecánicos, Henrique Vieitez, presentou a campaña divulgativa de aforro enerxético no fogar destinada a buscar un rendemento óptimo dos electrodomésticos, as formas de illamento térmico da vivenda e consellos útiles para evitar o despilfarro de auga.
Vieitez sinalou que o papel da enerxía é fundamental nunha sociedade desenvolvida a pesar de que maior consumo non significa maior confort e calidade de vida. ”Galicia conta con fontes de producción de enerxía procedentes fundamentalmente de centrais térmicas, saltos hidroeléctricos e carbón a pesar de que hai políticas encamiñadas a eliminar a excesiva dependencia exterior de carburantes e eléctricas e que pretenden fomentar as fontes de enerxía renovables alternativas”, explicou o concelleiro.
Algúns apartados do manual publicado recollen as claves na orientación do edificio, as cores, o illamento, a certificación enerxética de edificios, as fugas de aire e o aproveitamento da enerxía solar. Ademais, ofrécense consellos útiles de aforro enerxético nas vivendas como a instalación de dobre fiestra, as características dos sistemas de calefacción, o estudio da situación das lámpadas ou o aforro de auga. Explica tamén as características dos electrodomésticos, consellos útiles para diminuír a factura enerxética e ofrece medidas de seguridade para cando os habitantes da vivenda se vaian de vacacións.
Vieitez destacou que a aplicación destes consellos, segundo os estudios realizados, pode supoñer un 40% de aforro enerxético na factura total de consumo.
Esta campaña de aforro de enerxía no fogar compleméntase coas actuacións emprendidas polo Goberno municipal no alumeado público mediante a instalación de luminarias de alto rendemento e baixo consumo e a revisión do consumo enerxético nos centros de ensino para corrixir as deficiencias atopadas.
Esta publicación, da que se realizaron 4.500 exemplares, distribuirase nos centros de ensino, locais de asociacións de veciños e colectivos ecoloxistas.
Descargar todas as imaxes