A maioría dos comerciantes cre que se deben sancionar os que non depositan o lixo nos colectores
A concelleira de Limpeza, Isaura Abelairas, presentou os datos do balance da campaña informativa realizada por ecoasesores na zona das Travesas. O 76% dos comerciantes enquisados inciden na demanda de información e un 87% considera que se deben sancionar economicamente os establecementos que non despositen os residuos en bolsas no interior dos colectores.
Outras das necesidades máis demandadas recabadas polos ecoasesores son un mellor deseño da palanca que acciona a tapa do colector para facilitar a súa apertura, a recollida de excrementos de cans, a eliminación da suciedade das rúas e unha maior presencia de colectores de recollida selectiva. Neste sentido, Abelairas sinalou que o 3 de marzo remata o prazo para presentar ofertas ao concurso de adxudicación do servicio de colectores de papel, vidro e envases, necesario para satisfacer as demandas dos cidadáns.
Os ecoasesores, identificados con uniforme, trasladaranse a Bouzas onde desenvolverán o seu labor de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas. Ademais de ofreceren información e concienciar da necesidade de depositar o lixo e as caixas pregadas nos colectores, continuarán coa enquisa para coñecer o grao de implicación e efectividade desta campaña financiada pola empresa adxudicataria.
Descargar todas as imaxes