A Asociación de Veciños do Calvario contará cun novo local social
A concelleira de Participación Cidadá, Mariló Cabaleiro, visitou hoxe as obras de construcción da noa sede da Asociación de Veciños do Calvario, situado na Avenida Martinez Garrido, 69. O local en forma de trapecio ten unha superficie de 154,50 m2, está executada a metade da obra e o presuposto total de execución ascende a 90.000 euros.
O recinto destinarase ás actividades propias da Asociación de Veciños, desenvolveranse labores meramente administrativas, tanto da propia asociación como de asesoramento e asistencia aos asociacidos e veciños: así como a celebración de reunións dos colectivos sociais, deportivos, charlas, cursos e reunións informativas en xeral.
Nas inmediaciones do novo local ubícase unha boa parte dos equipamentos públicos existentes no barrio: piscina municipal, pavillón de deportes cuberto, centro da terceira idade, escola de idiomas.