Escoitar

Ábrese Sportalya con 32 modalidades deportivas

xoves, 27 feb 2003
imx2383.jpg
Cartel
A cuarta edición do salón Sportalya, no que colabora a Concellería de Deportes, inaugurouse no recinto feiral de Cotogrande. Preto de 2.000 escolares poderán realizar visitas guiadas por monitores e profesionais para descubrir particularidades e novas modalidades deportivas.

O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, acompañado de Rubén López e Carlos Vázquez, director del Ifevi e director de Noresport, ambos como coorganizadores da cuarta edición de Sportalya, inauguraron o salón do deporte xunto cos responsables de Caixanova e Coca-Cola, principais patrocinadores do evento.

Santiago Domínguez explicou que ”agora mesmo Sportalya non ten parangón en Galicia e é complicado encontrar no resto de Estado un salón destas características”. Así mesmo, o concelleiro indicou que ”esta cuarta edición marca un antes e un despois neste tipo de eventos xa que existe unha maior implicación de patrocinadores, clubes e federacións por ofertarlles ós mozos novas posiblidades de facer e coñecer novos deportes”.

Nesta feira exhibiranse 32 modalidades nas que participarán 2.000 deportistas. Os interesados poderán visitar o salón de 10:30 a 21:00 horas desde o 27 de febreiro ao 2 de marzo.

As diferentes actividades deportivas estarán perfectamente distribuídas no recinto do Ifevi, en disciplinas como as dos deportes acuáticos, nas que estarán presentes o surf, a natación, esquí náutico, actividades subacuáticas, motonáutica e vela. Deportes de precisión, entre os que os afeccionados se poderán encontrar o golf, a petanca e chave, tiro con arco, tiro olímpico e bolos.

Sportalya tamén aglutinou o que denominan deportes de combate, como o boxeo, judo, karate, loita, taekwondo ou esgrima. Moitos deles descoñecidos para o gran público pero que sen dúbida acapararán a atención e o interese dos visitantes de Sportalya.

Os deportes de equipo canalizarán a atención dos organizadores deste evento. O balonmán, baloncesto compartirán escenario con outros deportes de equipo como o béisbol, o hockey ou o voley praia. Tamén os deportes nos que a natureza está presente e intimamente relacionada non quixeran ser pasados por alto por Noresport, o Ifevi e o Concello de Vigo, ademais de numerosas actividades que sorprenderán para converter Sportalya nun referente dentro de las actividades deportivas e de lecer de Galicia e o norte de Portugal.

Sportalya será no só un centro multidisciplinar no que a difusión das diferentes actividades deportivas presentes sexa o obxectivo principal, tamén a iniciación aos diferentes deportes presentes, así como unha presencia activa na feria, encamiñando os máis novos, é un gran incentivo para a organización e todos os seus colaboradores. De tal xeito que a diversión estea tamén asegurada para os visitantes.

MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes