Caballero avanza a celebración de foros de debate desde Provigo sobre automoción, naval, I+D e servizos
O alcalde, que presidiu este martes a sesión do padroado da Fundación, explicou que, de cara ao novo ano, Provigo organizará unha "reflexión conxunta e colectiva da cidade" sobre catro sectores "clave" da industria viguesa: a automoción, o naval, o I+D e os servizos. O obxectivo, "a procura da mellora saída posible á crise".
No 2016, e en base ao estudo encargado o pasado ano ao efecto, estes catro ámbitos son considerados "importantes para o desenvolvemento da industra da cidade", sobre os que facer un "profundo debate" en Vigo desde a Fundación Provigo.
O obxectivo destes foros colectivos é "a procura da mellor saída posible á crise", que en Vigo "tenuemente" observa "síntomas de recuperación" aínda que non de xeito "visible" para a cidadanía, en verbas de Caballero. O rexedor exemplificouno coa "reactivación" do comercio no Nadal, a "visualización" da automoción, un naval que "parece que empeza a atopar o seu sitio" e o "bo" verán para o turismo, baixo o tirón da candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade.
Descargar todas as imaxes