Caballero cita á cidadanía ao primeiro evento deportivo do ano nas rúas da cidade, as Bicis no Nadal <br />
O primeiro evento deportivo de carácter popular que se celebra nas rúas da cidade en 2016 terá lugar o 3 de xaneiro coas Bicis no Nadal, unha marcha ciclista de carácter popular patrocinada polo Concello de Vigo e organizada polo Club Ciclista Vigués.<br />
"Vai ser moi interesante, ademais o primeiro evento deportivo que se realiza nas rúas da cidade en 2016; arrincamos con bicis, con ciclismo e o mesmo percorrido que en 2015", anunciou o alcalde, Abel Caballero.
É a terceira edición desta idea e serán unhas dúas horas de marcha con saída en Concepción Arenal cara a Colón, Policarpo Sanz, Elduayen, Paseo de Alfonso, Pi y Margall, López Mora, Camelias, Praza de América, Castelao, Gran Vía, Praza de España, Pizarro, Travesía, Buenos Aires, Sanjurjo Badía, García Barbón, Isaac Peral, Areal e Concepción Arenal. Son unha pila de quilómetros", chanceou o rexedor.
Para Caballero a bicicleta é "un bo sistema, un bo modo de facer deporte e de transporte", e invitou "a toda a cidade a que participe". Trala rolda de prensa o alcalde interesouse polo valor das bicicletas amosadas e falou cos deportistas, adestrador e presidente dun deporte que ben coñece.
Carlos Vidal, presidente do C.C. Vigués, apuntou que esta proba non competitiva xa se organizaba nos anos 70 e 80. Coa única dificultade da subida de Praza de América a Praza de España, a organización dispuxo unha subida lenta e reagrupamiento en Praza de España "para coller folgos".
A esta actividade poden inscribirse todos os cidadáns, sen límite de idade. A inscrición, de balde, tanto na web do Club Ciclista Vigués como na mesma mañá da saída nunha carpa habilitada na rúa Concepción Arenal (Alameda). É necesario inscribirse para participar no sorteo final que se producirá á volta da marcha.
Descargar todas as imaxes