Escoitar

Resultado do sorteo do concurso "Vente cos Reis Magos 2016"

Esta mañá, ás 12:00 h, celebrouse no auditorio municipal do Concello o sorteo correspondente ao concurso "Vente cos Reis Magos 2016", que ten por obxecto seleccionar a corenta nenas e nenos para acompañar aos Reis Magos, na Cabalgata de Reis que terá lugar o vindeiro 5 de xaneiro. As nenas e nenos repartiranse nas tres carrozas reais e na do Carteiro Real.

martes, 22 dec 2015
Foron seleccionados dez nomes para cada unha das catro carrozas municipais (nun total de corenta). Ademais, seleccionáronse doce nomes a maiores para suplencias en caso de que algunha/ún das/os sorteadas/os non puidesen ir no desfile do vindeiro 5 de xaneiro.

No documento que se acompaña figuran os nomes e apelidos das e dos afortunados no sorteo, indicando a carroza que lles corresponde. Así mesmo, tal e como marcan as bases, obtivéronse tamén suplentes para cubrir posibles baixas ou renuncias.

Máis información