Escoitar

O Concello validou un apoio de 93.000 euros para a "excepcional" rehabilitación do edificio de Elduayen 2

O alcalde visitou hoxe mércores o inmoble remodelado, deseño de Jenaro de la Fuente que agora incorpora elementos que o propio arquitecto previra mais nunca se fixeran, como por exemplo unha tanda de galerías, segundo explicou. Caballero animou á cidadanía a afrontar rehabilitacións como esta, definida como unha "xoia arquitectónica da cidade".

mércores, 23 dec 2015
1450878047elduayen.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este mércores o edificio restaurado de Elduayen 2, onde o Concello validou unha subvención de 93.000 euros a través da Oficina de Rehabilitación.

Esta actuación, explicou Caballero ante os medios de comunicación, incorpora agora algúns elementos orixinais deseñados polo arquitecto, Jenaro de la Fuente, que non se chegaran a facer, como un andar enteiro e unha tanda de galerías. O rexedor invitou aos cidadáns con propiedades nas zonas históricas a afrontar rehabilitacións como a deste inmoble, unha "xoia arquitectónica da cidade", concluíu.
Descargar todas as imaxes