Escoitar

O alcalde celebra o incremento nun 7% do tráfico de pasaxeiros en Peinador no que vai de ano

<br /> Abel Caballero constatou esta mañá que o aeroporto de Vigo leva máis de medio con subas ininterrompidas no tráfico de pasaxeiros. Logo de situar este ascenso en preto do 7%, o alcalde avanzou aínda maior recuperación para o ano 2016.

martes, 15 dec 2015
Tal e como se esperaba, dixo o rexedor, o aeroporto de Vigo experimentou no que vai de ano un aumento no tráfico de pasaxeiros de case un 7%, unha porcentaxe que seguirá crecendo ao longo do ano 2016. En declaracións aos medios, Caballero celebrou a recuperación do aeroporto, un factor da máxima importancia para a cidade.

No mes de novembro, rexistráronse 54.154 pasaxeiros, un 6,74% máis que respecto do mesmo mes do ano pasado. Realizáronse 701 operacións, un 1,45 máis que en 2014, converténdose no aeroporto que máis subiu o pasado mes. No acumulado anual, os pasaxeiros de Vigo ascenden un 4,12% respecto a 2014.